Aviso Legal
PROTECCIóN DATOS
Tendo en conta que toda as empresas e particulares que desenvolven unha actividade comercial e dispoñen dalgún ficheiro que conteña datos de carácter persoal, tanto en papel como en soporte informático, están obrigados como mínimo a tomar as medidas de adaptación que lle indicamos a continuación.

As principais obrigas son:
-    Notificar á Axencia de protección de Datos todos os ficheiros que conteñan datos de carácter persoal.
-    Adecuar a actividade da empresa ás obrigas para recompilar, tratar e comunicar datos de carácter persoal.
-    Elaborar o Documento de Seguridade. Esta obriga vén do Real Decreto 994/1999.
-    No caso de que os datos sexan considerados de nivel medio ou alto (datos de tipo económico, saúde, tendencias sexuais, orientación relixiosa etc.) a Lei impón entre outras obrigas a de realizar unha Auditoría de Seguridade bianual.

VANTAXES DO NOSO SERVIZO:
-    Dunid S.L. ten persoal especializado neste campo e conta coa colaboración dun equipo de xuristas para afrontar con garantías a adaptación da súa empresa á nova normativa en materia de protección de datos.
-    Os nosos técnicos teñen a experiencia necesaria, conquerida con cursos de formación e co traballo realizado a petición dos nosos clientes.
-    Levamos máis de dous anos realizando estudos de protección de datos.
-    Temos implantado a adecuación á Lei de protección de datos en máis dun cento de empresas.