Aviso Legal
IMPLANTACIóN INTEGRAL DE SISTEMAS DE XESTIóN
O noso produto estrela é o Xestor SQL, o cal seleccionamos despois de facer varios estudos entre aqueles que destacaban notoriamente de entre os demais.

VANTAXES CLAVE
-    É un produto fiable, con moitos anos de implantación, perfectamente contrastado.
-    Ten unha empresa solvente detrás, Extra Software, cun cadro de persoal importante.
-    Conta cun parque de instalacións envexable a nivel nacional.
-    Ten un prezo atractivo e alcanzable.
-    É unha empresa en Lugo que pode asumir a súa implantación e total mantemento DUNID S.L.

CAPACIDADES
    As calidades do produto son obvias, está desenvolvendo cos últimos avances, Microsoft Visual e SQL Server.
    Permítelle ás empresas unha evolución ó longo da súa vida de expansión, xa que se atopa en continua actualización, incorporando novas melloras ano tras ano, tanto tecnolóxicas coma funcionais de cara ó cliente.

    XESTOR SQL é unha solución completa que fai que calquera empresa poida avaliar, implementar e xestionar máis facilmente a súa actividade, integrando as áreas críticas de toda a empresa independentemente do seu tamaño, sector ou actividade.

Deseñado para a optimización dos procesos de negocio de calquera organización, XESTOR SQL é unha solución que traballa con estrutura Cliente/Servidor e que debido á tecnoloxía empregada, sen  empregar bases de datos propietarias, nin linguaxes de desenvolvemento exclusivas, intégrase e compleméntase no contorno tecnolóxico de Microsoft, proporcionando un valor engadido de aforro de custos, continuidade no futuro e garantías de adaptación ás últimas innovacións tecnolóxicas.
XESTOR SQUL é unha ferramenta de xestión, flexible, de grande adaptabilidade e moi intuitiva que está aberta a posibles cambios e personalizacións.

En resumo, acádanse os seguintes obxectivos:
-    Melloras de produtividade
-    Calidade
-    Servizo
-    Redución de custos, grazas á súa gran rapidez de implantación


Consta dos seguintes módulos:
-    Contabilidade xeral
-    Contabilidade analítica e control de xestión
-    Activos fixos
-    Compras
-    Almacéns
-    Control de produción
-    Vendas
-    Facturación
-    Control de riscos (opcional)

Baixar ficha do produto

    Temos tamén á súa disposición produtos de xestión dos que podemos salientar os orientados ás  empresas de hostalería, bares, cafeterías, restaurantes, hoteis, panaderías, etc.

Produto de recoñecido prestixio e moitos anos de experiencia no sector da hostalería. ICG, empresa catalana con un parque de instalacións a nivel mundial envidiable, tendo incluso clientes en Alemania.