Aviso Legal
SERVIDORES
Aválanos, unha vez máis, a experiencia na implantación de servidores da familia Microsoft Windows, dende a primeira versión instalada –Windosws Nt Server 3.2– ata a actual Windows 2003 Server.

    Aínda que normalmente realizamos estas instalacións para dar servizo aos programas de xestión de empresas, baixo SQL Server, para dar servizo ás delegacións da empresa cliente a través de Terminal Server, con comunicacións en liña e a vantaxe que isto supón, tamén temos implantado en varias empresas servizos de internet e mensaxeiría completos con versións de Small Business Server.

    Exchange Server fai que as empresas poidan gozar de:
-    Correo electrónico externo e interno nos seus propios servidores
-     Fax compartido
-    Outlook en rede para grupos de traballo
-    Xestión compartida
-    Servizos Web e Sharepoint

    As políticas de seguridade e auditorías están adoptando maior relevancia día a día. Poder estipular qué empregados van realizar determinadas tarefas, auditar posteriormente quen ten realizado esta ou aquela tarefa, etc. formúlalles a moitas empresas a necesidade de implantar sistemas de control e seguimento.

Os produtos de Microsoft teñen moi boas prestacións nos apartados de seguridade e auditoría, sendo seguramente os máis completos nestes aspectos dentro da oferta existente actualmente no mercado.

    Parte da importancia da seguridade vén imposta pola Lei de protección de datos de carácter persoal, que obriga ás empresas a dispor de arquivos de datos de nivel medio e alto, tendo que tomar medidas de seguridade e auditoría certamente severas, e a almacenar os rexistros desas auditorías durante os dous anos seguintes.
   
    A política de copias de seguridade atópase relacionada tamén coa implantación dun servidor centralizado na empresa, o que facilita a automatización e a xestión delas