Aviso Legal
SEGURIDADE
O meirande risco nesta materia atópase, sen dúbida, nos accesos a internet. É por esta canle pola que teñen acceso case a totalidade dos virus, spywares, hackers, etc.

    Dende o noso punto de vista, para poder facer fronte a este tipo de ameazas debemos ter en conta os seguintes aspectos:

-    Implantación de cortalumes
Protexe a nosa rede local fisicamente do exterior,k impedindo o acceso dende internet os nosos equipos.
Instalamos  róuters da serie K9 de Cisco para acceso a internet que incorporan cortafuegos coa conseguinte mellora en seguridade e prestación.
No caso de grandes instalacións requiriranse equipos máis potentes, para o cal Cisco conta con Cortalumes de maiores prestacións.

-    Instalación de antivirus en todos os equipos
Impide que se instalen no noso equipo virus provenientes do exterior ou doutro equipo da nosa rede.
Os virus chegan na súa meirande parte por internet e case sempre polo correo electrónico.
Aconsellámoslle Mcafee e Panda Software, ambos os dous teñen versións para servidores e estacións de traballo, cunha reputación sobradamente coñecida.
Nos nosos servidores web, onde se aloxan as páxinas webs dos nosos clientes e proporcionamos servizo de correo electrónico, temos instalado un antivirus que impiden que a case totalidade dos virus chegue ó seu destino.

Spam define o fenómeno polo cal recibimos infinidade de mensaxes non solicitadas, principalmente publicidade, feito que resulta moi molesto.
Este problema acada tales niveis que fai imposible, en moitos casos, o manexo do correo electrónico se non é a través dun Anti Spam, que se encarga de separar o correo denominado lixo, é dicir, todas aquelas mensaxes que se supón que non foron solicitadas. De todos os xeitos non é unha solución definitiva.
Aínda que non causan o dano dos virus ralentizan o funcionamento do noso ordenador.

 A solución a este problema pasa pola instalación dun Aint Spyware
-    Instalación dun Anti Spyware
   
-    Política de copias de Seguridade
É fundamental para garantir o funcionamento continuado do sistema informático, o cal pode fallar por múltiples motivos (ordenadores estragados, virus destructivo, accidente, etc.). Neste suposto é fundamental ter unha copia de seguridade dos datos da empresa debidamente actualizados.

Segundo se ten demostrado nos últimos acontecementos a nivel mundial (as torres xemelgas de Nova York, o edificio Winsort en Madrid...) é fundamental dispoñer dunha copia de seguridade actualizada fora dos locais da empresa.